O xuvenil A sumou un punto ante un bo rival (0-0)
www.sdchantada.com/ 03-10-11   

O xuvenil A sumou un punto na casa dun bo equipo, o Alondras, logo de igualar a cero tantos. Logo dunha primeira metade igualada na que os chantadinos incluso se toparon ca madeira nun disparo de Tapitas que se foi ó longueiro, chegaría un segundo periodo de total dominio visitante, no que os de Óscar non puideron facer máis que resistir e conseguir manter o empate, encabezados por unha gran actuación do meta Rays, que fai que sumen 2 puntos nas tres primeiras xornadas.