O femenino perdeu por un abultado 8-0 en As Pontes
www.sdchantada.com/ 03-10-11

O femenino sufriu unha abultada derrota o pasado sábado no campo do As Pontes.

Nos primeiros minutos as xogadoras de Rigui saíron ben, e incluso tiveron unha boa ocasión nas botas de Iria, pero pouco durou o empuxe chantadino, e as locais tomaron o mando do encontro. Ó descanso o resultado xa era de 3-0, despois de que Dánae salvaras dúas boas ocasións, e no segundo periodo o As Pontes completou a goleada ata poñer o definitivo 8-0 no marcador.