O xuvenil B mídese ó Ribeiro o sábado á mañá
www.sdchantada.com/ 05-02-12

O xuvenil B enfróntase o sábado ás 11 da mañá a domicilio ó Ribeiro. Os de Rodrigo, que na segunda volta están a mellorar todos os resultados respecto ós da primeira, visitan a un equipo que os derrotou na ida por 1-3 e que chega a este partido na cuarta plaza e en plena loita por clasificarse para o seguinte grupo.

Sen embargo, os nosos traballaron ben no periodo navideño e confían en dar a sorpresa.