O femenino visita ó Silleda o domingo ás 12 da mañá
www.sdchantada.com/ 05-02-12

O femenino visita o domingo ás 12 da mañá ó Silleda, 12º clasificado con 4 puntos, tres menos que as nosas, que son decimoprimeiras. Polo tanto, será un encontro importante para as de Rigui, que na ida xa derrotaron ó seu rival desta fin de semana.

Aínda así, a dinámica das nosas nos últimos encontros non está sendo boa, e deberán cambiala para sacar algo positivo desta visita.