Os de Juan retomarán a competición a próxima semana
www.sdchantada.com/ 05-02-12

Os cadetes todavía non compiten esta fin de semana. Despois de clasificarse matemáticamente para o seguinte grupo na última xornada do pasado ano, os nosos están a traballar xa de cara á volta da competición o vindeiro día 14, cando se medirán a domicilio ó Barco, o cadro máis forte do grupo xunto ós nosos no que vai de tempada e que xa os derrotou na ida por 1-4.