O Chantada mídese a outro dos novos na categoría
www.sdchantada.com/ 02-02-12

O Chantada visita ó domingo ó Dumbría, 12º clasificado con 28 puntos. Tras o empate como locais, os de Carolo buscarán prolongar a súa boa xeira a domicilio, pero saben que enfronte a un rival moi complicado, que xa vendeu cara a súa derrota na ida e que se está a amosar forte como local.

Polo tanto, será un encontro duro para os nosos, que viaxan coa intención de seguir sumando para amarrar o antes posible o obxectivo da permanencia.