Os de Quique mídense a domicilio ó San Roque o sábado
www.sdchantada.com/ 02-02-12

O Chantada B xoga a domicilio este sábado ás 8 da tarde ante o San Roque, 11º clasificado con 20 puntos, dez menos que os nosos, que son 6º na clasificación.

Os de Quique Robles, que nos últimos encontros están a obter unha traxectoria irregular de resultados, buscarán vencer e deste xeito volver a facelo a domicilio varias xornadas despois.