Os de Rodrigo encadenan dous triunfos consecutivos
www.sdchantada.com/ 02-02-12

O xuvenil B mídese o sábado ás 3:30 da tarde no Sangoñedo ó Maside, equipo ó que de Rodrigo avantaxan en catro puntos, polo que, despois de sumar dous triunfos consecutivos, os chantadinos teñen unha boa ocasión para conseguir a terceira victoria seguida.

Non obstante, os nosos non queren ningún tipo de confianzas e, igual ca sempre, sairán moi concienciados para poder sacar algo positivo deste choque.