Os de Juan finalizan a primeira liguilla
www.sdchantada.com/ 02-02-12

Os cadetes finalizan este fin de semana a primeira liguilla. Os de Juan afrontan unha complicada saída a Ribeiro no que o único que se xogan é o honorífico posto de primeiros de grupo. Os chantadinos chegan igualados a puntos e goal-averaxe particular co Barco, ó que avantaxan nun gol no xeral.

Polo tanto, o obxectivo dos nosos será vencer para intentar manter o liderato, aínda que repetimos que o obxectivo principal, a clasificación, xa está acadado desde hai varias xornadas.