As de Rigui buscarán vencer a domicilio
www.sdchantada.com/ 02-02-12

O femenino visita este domingo ás 12 da mañá ó Rúa. As chantadinas, logo de vencer ó San Tirso, mídense a un equipo que as avantaxa en tan só cinco puntos, polo que buscarán un triunfo que lles permita achegarse ó seu rival na táboa.

Pese a que na ida caeron ante este conxunto, as chantadinas intentarán aproveitarse da inercia positiva do triunfo do outro día para conseguir sumar.