Nova derrota a domicilio dos de Quique Robles
www.sdchantada.com/ 06-02-12

O Chantada B caeu ante o San Roque por un encontro que, sen ser un gran partido chantadino, estivo igualado e no que os locais remontaron o tanto inicial de Adrián.

Os visitantes comezaron mellor plantados no terreo de xogo, dominando o encontro, e mediado o primeiro periodo adiantábanse á saída dun córner cun tanto de cabeza de Adrián. Os nosos tiveron un par de achegamentos perigosos, pero xusto antes do descanso os lucenses igualaban nunha xogada a balón parado.

Á volta do descanso, Daniel realizaba un par de boas intervencións, pero os locais marcaban despois dunha boa xogada trenzada nuns primeiros minutos do segundo periodo de dominio lucense. A partir do tanto o Chantada B buscou o empate, con empuxe, pero non foi quen de conseguir a igualada.