Os cadetes finalizan o primeiro grupo como colíderes
www.sdchantada.com/ 06-02-12

Os cadetes remataron o primeiro grupo vencendo por 1-2 ó Ribeiro. Deste xeito, os de Juan finalizan empatados co Barco a 43 puntos, sobre un total de 54 disputados, tras vencer en 14 encontros, empatar un e perder tres.

Falando do partido do pasado sábado os chantadinos foron superiores no primeiro tempo, no que gozaron de varias ocasións, e nunha delas Michi conseguiu o 0-1. Así se chegou ó descanso.

Á volta de vestiarios Adrián ampliaba moi pronto a vantaxe, e pouco despois os nosos reclamarían un penalti que o colexiado interpretaba fora da área. Mediada esta segunda entrega os locais recortaron distancias no rexeite dun penalti parado por Ferreiro e tiveron algunha ocasión, pero non conseguiron igualar.