Os de Quique Robles queren vencer para romper a racha
www.sdchantada.com/ 08-02-12

O Chantada B recibe este sábado ás 6:30 da tarde ó Castroverde, un dos equipos da zona baixa da táboa. Os de Quique Robles, que suman 4 puntos dos 15 disputados no que vai de 2012, buscarán un triunfo como locais que lles permita romper esta mala dinámica de resultados e, deste xeito asentarse na sexta plaza, pois están vendo como os seus perseguidores están recortando distancias.

Enfronte terán a un rival que precisa os puntos, xa que está en plena loita por saír dos postos de descenso.