O xuvenil B afronta unha complicada saída
www.sdchantada.com/ 08-02-12

O xuvenil B visita ó Barco o sábado ás 4:30 da tarde. Será un encontro moi complicado para os de Rodrigo, novenos con 18 puntos, pois enfróntanse ó segundo clasificado, que con 47 puntos está virtualmente clasificado para a seguinte fase e que xa venceu no Sangoñedo.

Sen embargo, os nosos, xa sen presión clasificatoria ningunha, buscarán prolongar o seu bo momento, pois suman 7 dos últimos 9 puntos e tratarán de dar a sorpresa en Valdeorras.