Deben esperar a que remate o outro grupo
www.sdchantada.com/ 08-02-12

Os cadetes afrontan tres semanas consecutivas sin competición, xa que unha vez rematado o primeiro grupo, deben esperar que finalice o grupo B, de onde sairán os outros cinco equipos que disputarán o grupo final xunto a Barco, Chantada, Rúa, Arrabaldo e Calasancio B.

Sen embargo, para nada terán vacacións os de Juan, que seguirán traballando duro para estar preparados de cara á seguinte fase, na que os 10 equipos clasificados xogarán unha liguilla a unha volta, da que sairán os catro equipos que disputen a promoción de ascenso.