O xuvenil A caeu nos últimos instantes do partido
www.sdchantada.com/ 13-02-12

O xuvenil A perdeu por 1-0 ante o Arousa B nun encontro igualado no que o xusto sería un empate e no que os locais gozaron de dous penaltis, conseguindo o triunfo no 86´.

Do primeiro tempo pouco que destacar, pois dominaron os arousáns pero apenas houbo perigo. Na segunda metade estiveron mellor os de Óscar Méndez que gozaron de ocasións por medio de Adri, Xende e Manute que non conseguiron transformar. No minuto 67 o colexiado sinalou un penalti inexistente que os locais tirarían fora, pero ante a segunda oportunidade desde os once metros, no minuto 86, conseguiron o tanto do triunfo.