Os nosos venderon moi cara a súa derrota
www.sdchantada.com/ 13-02-12

O Xuvenil B caeu por 2-1 contra o Barco nun partido loitado el disputado por ambos equipos ata o último momento.

O primeiro tempo foi de dominio local, pero grazas a solidez defensiva dos nosos e a grandes paradas de Toni chegouse co 0-0 ó descanso.

Tras a reanudación chegarían os goles. O 1-0 sería no minuto 60 tras un erro defensivo que aproveitaron os rivais para bater a Toni. Xa no minuto 71 chegaría o empate, obra de Dani logo dun gran golpeo dende a frontal da área que sorprendeu ó meta local. Xa preto do final e xogando con 10 o Barco foi quen de adiantarse de novo no marcador. Nos últimos intres de partido Pedro tivo o gol nas súas botas pero logo de lanzar maxistralmente unha falta o balón estrelouse no longueiro botando por terra as esperanzas chantadina.