Os de Carolo afrontan unha saída moi complicada o domingo
www.sdchantada.com/ 16-02-12

O Chantada afronta este domingo ás 4:30 da tarde unha complicada saída ó campo do cuarto clasificado, o Boiro, que suma 42 puntos, tres máis que os chantadinos.

Os nosos, que venceron nos seus tres últimos partidos como visitantes, tratarán de facer continuar esa racha, pero son conscientes de que non será algo sencillo, xa que na ida, a pesar de que os de Carolo venceron por 2-1, o seu rival deixou unha impresión moi moi boa no Sangoñedo.

Os locais buscarán achegarse á zona de ascenso aproveitando o enfrontamento entre Narón e Laracha, segundo e terceiro clasificado, polo que sairán a por todas, mentres que os chantadinos buscarán dar a sorpresa.