O xuvenil A recibe ó líder da categoría o sábado
www.sdchantada.com/ 16-02-12

O xuvenil A recibe o sábado ás 4:30 da tarde ó Porriño, líder da categoría. Os chantadinos xa igualaron na ida ante este conxunto, e tratarán de sacar algo positivo aproveitando a súa condición de locais.

Os de Óscar Méndez queren reafirmar a súa condición de equipo forte no Sangoñedo e buscarán un triunfo que lles permita seguir sumando para conseguir a salvación a final de tempada.