O femenino xoga o domingo á tarde ante o Tordoia
www.sdchantada.com/ 16-02-12

O femenino volve á competición este domingo tras a xornada de descanso. As de Rigui mídense o domingo ás 4:30 da tarde ó Tordoia, sexto clasificado.

As chantadinas chegaron ó parón nun bo momento de xogo, e esperan poder continualo este domingo. As nosas, que venceron no seu último encontro como locais, tratarán de dar a sorpresa.