Os de Quique Robles romperon a dinámica negativa
www.sdchantada.com/ 21-02-12
O Chantada B rompeu a súa mala dinámica de resultados logo de vencer en Palas por 2-3 nun partido que dominaron os nosos e no que se levaron merecidamente os tres puntos.

Comezaron o encontro con moita concentración os chantadinos, sabedores de que era necesario vencer, e xa se adiantaron moi pronto, despois de que Tara culminara unha boa combinación entre el e Noé no minuto 13. Poucos minutos despois chegaría o 0-2, despois de que Diego, cun bo disparo cruzado, fixera o 0-2 ó aproveitar un novo pase de Noé.

Aínda que se vía a un Chantada B superior no terreo de xogo, os locais recortarían distancias pronto a balón parado. Os nosos non afectaron este tanto e seguiron moi fortes en defensa, sabedores de que en calquera momento podería chegar outro gol, e a piques estivo de chegar na última acción do primeiro tempo, pero tras unha boa xogada, o remate final de Noé marchouse alto.

Na segunda metade intentou apretar algo o Palas, pero os nosos seguiron moi sólidos defensivamente, e os locais só se achegaban a balón parado.

No minuto 69 chegaría o 1-3, despois dunha gran xogada persoal de Cubano, que culminou cun disparo, e o rexeite do gardamallas golpeaba nun zagueiro local que introducía o esférico na súa propia portería. A partir deste intre os nosos defenderon o marcador con comodidade, pero nunha nova acción a balón parado o Palas marcaría o 2-3 no minuto 88 e levaría a incertidume ata o final, aínda que os de Quique Robles souperon xogar ben estes minutos e non tiveron que sufrir para lograr os tres puntos.