Importante triunfo do xuvenil A ante o Porriño
www.sdchantada.com/ 21-02-12
O xuvenil A derrotou o líder por 2-1. Os de Óscar Méndez fóronse ó descanso con 2-0 tras unha boa primeira metade, pero un gol visitante no segundo tempopuxu a incertidume no marcador ata o final.

Tras uns primeiros dez minutos de dominio vistante, cun par de achegamentos perigosos, o Chantada asentouse no terreo de xogo e tamén comezu a chegar á meta visitante. Logo de un par de olcasións chegaría o 1-0, tras uns aque de banda de Fornas cabeceado por Traste. Este gol deu confianza ós chantadinos que seguiron atacando en busca doutro gol. E este gol chegaría logo dun erro defensivo visitante que deixou a Adrián só diante do meta, superándoo cunha boa definición.

Na segunda metade o encontro seguiu igual ata que no minuto 60 chegou o 2-1, cun lanzamento lonxano tras un despexe á saída dun córner. Este gol deu alas ós visitantes, que se foron ó ataque en busca da igualada. E tiveron algunha ocasión para facelo, pero erraron e o marcador non se movería ata o final do encontro.

      

Pateiro, cun atuendo carnavalesco de doctor deportivo