O xuvenil B sigue no seu bo momento de forma
www.sdchantada.com/ 21-02-12
O xuvenil B prolongou o seu bo momento de xogo e resultados derrotando ó Ponte Ourense B por 3-1. Os de Rodrigo foron mellores e leváronse merecidamente os tres puntos.

Os chantadinos fóronse ó descanso cunha vantaxe de 2-0 gracias ós tantos de Pedro e Amancio, e ós poucos minutos da reanudación Pedro sentenciaría o encontro facendo o 3-0. Os visitantes recortarían posteriormente distancias, pero o marcador non se movería e os tres puntos quedarían na casa, sumando os nosos 10 dos últimos 15 puntos disputados.