O femenino non mereceu tanto castigo
www.sdchantada.com/ 21-02-12
O femenino perdeu por 1-6 nun encontro no que o marcador non debeu ser tan abultado.

As nosas tiñan enfronte a un gran equipo, pero aínda así realizaron un bo encontro e plantaron cara en todo momento. Ó descanso chegouse con 0-2, e na segunda metade sentenciaron pronto as visitantes. Aínda así, as rapazas de Rigui non deixaron de traballar ata o final e conseguiron un gol nos instantes finais despois de que Paula rematara á saída dunha falta botada por Sara e o marcador final fora de 1-6.