O Chantada B non mereceu tanto castigo
www.sdchantada.com/ 27-02-12
O Chantada B caeu por un abultado 6-2 ante o Brollón nun encontro no que, para nada, houbo tanta diferencia no terreo de xogo e os locais conseguiron a goleada no tramo final do encontro.

O partido, como quen di, empezou 1-0, pois no minuto 2 xa tomou vantaxe tras unha xogada a balón parado. A pesar desto, o Chantada B non se veu abaixo e tomou o mando do encontro, dispoñendo dunha clara ocasión na que o meta local salva o man a man ante Noé. No minuto 32 chega a igualada, despois de que Tara aproveitara un balón solto na área. Pero torceríanse de novo as cousas para os nosos, xa que nin un minuto despois o Brollón volvería tomar vantaxe ó transformar un penalti. Esto gol sí que afectou durante uns minutos ós de Quique Robles, pero antes do descanso igualarían cun lanzamento de falta de Joserra de 40 metros e ó descanso chegaríase con empate tras uns primeiros 45´no que os chantadinos estaban a ser mellores.

No segundo periodo saíron mellor os locais, aínda que sen ocasións claras, ata conseguir o 3-2 no minuto 61 tras aproveitar unha serie de rexeites nun córner. A partir de aquí os nosos buscaron o empate, mentres que o Brollón buscaba sentenciar con xogadas rápidas. Noé tería unha boa ocasión, pero o meta local enviou o balón a córner.

No minuto 76 chegaría o 4-2, despois de que os locais transformaran un novo penalti, desta vez totalmente inexistente. Esta acción rompeu o partido, que quedou sentenciado, e xa no tempo de desconto chegarían os dous últimos tantos locais, que redondearían o marcador.