O Dubra foi o único que venceu no Sangoñedo
www.sdchantada.com/ 29-02-12
O Chantada afronta este domingo unha saída moi complicada a Dubra, un equipo que se atopa só un posto por debaixo dos nosos e que, en caso de derrotalos, superaría ós de Carolo na clasificación.

O encontro do domingo non será nada doado para o Chantada, xa que hai que recordar que ata o de agora o Dubra foi o único equipo que venceu no Sangoñedo. Non obstante, os nosos queren cortar a súa xeira de tres encontros sen coñecer a derrota e para elo buscarán vencer nun campo moi complicado para seguir sumando.