O segundo clasificado visita o Sangoñedo este domingo
www.sdchantada.com/ 29-02-12
O Chantada B recibe o domingo ás 5 da tarde ó Escairón. Os chantadinos mídense no Sangoñedo ó equipo que, a día de hoxe, ten máis papeletas para acompañas ó Polvorín no ascenso a 1ª Rexional.

Os de Quique Robles buscarán volver á senda do triunfo como locais despois de dous partidos sen facelo, pois precisan sumar para seguir distanciándose da zona baixa e non ter problemas cos posibles arrastres a final de tempada.

Na primeira volta, nun gran partido, os do Saviñao derrotaron ós nosos por 1-0.