Chantada e Viveiro empataron nun encontro igualado
www.sdchantada.com/ 02-04-12
Chantada e Viveiro igualaron a un tanto nun choque igualado e con poucas ocasións que os visitantes empataron no minuto 88 de encontro, o que deixou un mal sabor de boca no cadro local.

Se ben no primeiro tempo o Viveiro tivo máis tempo a posesión, neste primeiro acto non inquedou en ningún momento a portería defendida por Melendo, mentres que o Chantada tivo un par de achegamentos perigosos, ata que no minuto 31 os de Pateiro se poñían por diante logo de que Lois transformara unha falta na que o meta visitante no estivo atinado. Así se chegou ó descanso.

Á volta da reanudación o Chantada controlou o partido, e tivo tres opcións que finalizaron cos disparos de Tara, Joserra e Manuel que puideron sentenciar, pero non foi así e no tramo final o Viveiro comezou a inquedar a bancada chantadina con dous disparos lonxanos que se foron por moi pouco, e no minuto 88 acabaría chegando o tanto da igualada ó aproveitar os visitantes unha xogada aislada que poñía as táboas no marcador.