O Chantada B derrotou ó Polvorín por 1-0
www.sdchantada.com/ 02-04-12
O Chantada B derrotou por 1-0 ó Polvorín no Sangoñedo nun encontro entretido e que fai que os de Quique Robles se convirtan no único cadro que remate a competición sen caer ante os lucenses, xa ascendidos.

O primeiro tempo, marcado polo calor, foi baixo en intensidade, con dous equipos intentando mover moito o balón pero con pouca profundidade, polo que apenas houbo ocasións destacadas neste período.

Na segunda entrega foron mellores os locais, que dominaron o encontro, e comezaron a achegarse as inmediacións da área visitante, tendo ocasións que non conseguiron concretar, destacando un disparo de Amis, mentres que os visitantes estrelaron un disparo lonxano na madeira.

No minuto 76 faríase xustiza cando, tras unha boa xogada persoal, Adri cedía atrás para que Adrián fixera o 1-0. A partir deste intre o Polvorín apostaría por un fútbol directo que fixo que os nosos se tiveran que defender ata o final para conservar os tres puntos e regresar á sexta plaza da táboa.