O xuvenil B segue intratable e impúxose por 5-1
www.sdchantada.com/ 02-04-12
O xuvenil B venceu de novo, esta vez tras unha boa segunda metade que lle permitiu tapar o seu mal primeiro periodo ante o Arrabaldo B.

Non saíron metidos no partido os nosos, e esto provocou que os visitantes se puxeran por diante, aínda que Amancio conseguiu igualar antes do descanso.

Na segunda metade saíron moito mellor os de Rodrigo, e Amancio, no minuto 52 poñía por diante ós locais. A partir de aquí os chantadinos serían moi superiores e os tantos de Pedro, Novelle e Amancio sentenciaban o encontro. No minuto 78 o colexiado deixaría ós dous equipos con dez, cometendo un grave erro na expulsión local, pois expulsou a Novelle que non tiña motivo para ser expulsado. Antes do final, Pedro erraría un penalti.