Os cadetes perderon por 4-2 ante o Rúa
www.sdchantada.com/ 06-04-12
Os cadetes perderon por 4-2 ante a Rúa, e deste xeito quedan sen opcións de clasificarse para a fase de ascenso. Os de Juan non saíron coa intensidade necesaria nos primeiros minutos deste choque, e eso fixo que foran a remolque todo o encontro.

Os locais adiantáronse no minuto 7, aproveitando a un Chantada que non se topou no campo ata mediado o primeiro periodo. De aquí ó descanso a posesión sería dos nosos, pero o Rúa amosouse moi forte defensivamente e creando perigo á contra. Co 1-0 chegouse ó descanso.

No segundo periodo os de Juan saíron en busca da remontada, pero dous tantos da Rúa nos minutos 51 e 54 poñían o 3-0 no marcador. Non baixaron os brazos os nosos, que reaccionaron e recortaron distancias con dous goles de Michi nos minutos 57 e 61 (este de penalti), poñendo un 3-2 que levaba de novo a emoción ó encontro. Con este resultado e sabedores de que só valía a victoria os nosos volcáronse tendo algunha ocasión, pero os locais creaban moito perigo en xogadas rápidas, conseguindo salvar varias Ferreiro ata que un gol no minuto 75 establecía o definitivo 4-2 e sentenciaba o partido.