Os cadetes reciben este sábado ás 10 ó Arrabaldo
www.sdchantada.com/ 11-04-12

Os cadetes reciben este sábado ás 10 da mañá ó Arrabaldo no Sangoñedo. Xa sen opcións de chegar á cuarta plaza, os de Juan intentarán quedar o máis arriba posible, pois quédalles unha pequena opción de poder aspirar a xogar a fase de ascenso, que pasaría por quedar no quinto posto da clasificación e que o Ponte B non puidera promocionar de non ascender o Ponte A.

Aínda así, chegar á quinta plaza será moi complicado, e máis tendo en conta a dinámica de resultados dos de Juan, que deberían vencer nos tres encontros restantes e esperar outros resultados.