O Chantada mereceu o empate ante o Grixoa
www.sdchantada.com/ 16-04-12

Partido feo e aburrido no Sangoñedo, no que o máis xusto houbera sido o empate e que decidiron dúas decisións polémicas e moi protestadas polos locais: a expulsión de Lois no minuto 49 e un penalti a prol dos visitantes a falta dun cuarto de hora.

Os primeiros minutos estivo mellor o Chantada, que dominou o encontro e se adiantou despois de que Brais definira ben ante o meta rival. Os locais tiñan o encontro controlado, ante un Grixoa que non facía nada por empatar, pero que igualou no minuto 34 á saída dun córner. Así se chegou ó descanso

Ós catro minutos da segunda metade o Chantada quedábase con dez pola expulsión por vermella directa de Lois por protestar, o que condicionou o resto do encontro, xa que os de Pateiro se limitaron a defender o empate sen apenas chegar, mentres que os visitantes non crearon ningunha ocasión de perigo a excepción dun tiro lonxano que despexou Melendo. No minuto 76 o colexiado sinalaría un protestado penalti que lle daría a victoria a un equipo santiagués que non fixo méritos para vencer pese a xogar cun home máis case a metade do partido.