O Chantada B conseguiu un gran triunfo a domicilio
www.sdchantada.com/ 16-04-12

O Chantada B conseguiu un gran triunfo por 2-3 no feudo do Becerreá que lle permite chegar á quinta plaza da clasificación. Os de Quique fixeron un partido moi serio e leváronse merecidamente os tres puntos.

Os nosos saíron moi metidos no encontro, sendo os dominadores, aínda que a primeira ocasión clara sería visitante, cun disparo que se foi ó pao. No minuto 19 Tara aproveitaba un gran servizo de Joserra para bater ó meta rival no man a man. De aquí ó descanso o encontro estivo controlado polos chantadinos.

No primeiro minuto da reanudación igualaría o Becerreá cun gran disparo desde a frontal, e este tanto desconcertou ós nosos durante algúns minutos. Pasados estes minutos, de novo os de Quique tomaron as rendas do encontro e no minuto 68 poñíanse por diante cando Tara empurraba ó fondo da rede un servizo de Joserra tras unha increíble xogada persoal deste. Intentaron apretar os locais, pero o bo facer defensivo dos chantadinos non deu opción ó empate, e Tara facía o 1-3 no engadido ó aproveitar un pase de Alberto.

Tamén no tempo de desconto o Becerreá marcaría ó transformar un penalti protestado polos nosos.