O xuvenil A igualou ante un rival directo a un tanto
www.sdchantada.com/ 16-04-12

O xuvenil A igualou a un tanto no campo do Guardés, polo que conserva a vantaxe de seis puntos ante un rival directo. Os de Óscar fallaron un penalti no minuto 61.

O encontro non comezou ben para os chantadinos, que comezaron perdendo no minuto 21. Non obstante, os nosos reaccionaron ben a este tanto e igualaron no minuto 31 por medio de Xende, dispoñendo minutos despois dunha dobre ocasión nas botas de Manute que salvaron primeiro o meta e despois un defensa local. Así se chegou ó descanso.

Na segunda metade, Marros erraría unha pena máxima no minuto 61, amosando unha vez máis a falta de puntería chantadina, que ven a ser a tónica dos últimos partidos.

E tras perdoar, os de Óscar viron como nos minutos finais os que apretaron foron os locais e tiveron que saber aguantar o empate.