O xuvenil B conseguiu un gran triunfo ante o Promesas
www.sdchantada.com/ 16-04-12

O xuvenil B conseguiu un importante triunfo ante o Pabellón Promesas, o que fai que a falta de dúas xornadas necesite tres puntos para clasificarse.

Os de Rodrigo comezaron ben o encontro ante un bo rival, facendo un partido serio e adiantándose nunha xogada a balón parado no minuto 17 por medio de Josiño, que facía o 1-0 que á postre sería definitivo. A tónica na primeira metade sería a de igualdade e moito mediocampismo, sen chegadas ás áreas.

Na segunda metade o encontro gañou en emoción, entre dous equipos que se están a xogar o pase, pero pese as ocasións o marcador non se movería e o Chantada B sumou tres importantes puntos.