Os cadetes conseguiron un triunfo por 2-1
www.sdchantada.com/ 16-04-12

Os cadetes romperon a súa racha de tres derrotas seguidas logo de impoñerse por 2-1 ó Arrabaldo tras remontar o inicial tanto visitante.

No primeiro tempo, os de Juan apostaron por replegarse, tapando ben ó equipo rival e buscando saídas rápidas, aínda que sen crear moito perigo. Os visitantes dominaron, pero sen crear tampouco ocasións claras ata que no minuto 23 se poñían por diante no marcador.

Na segunda metade, a tónica do encontro foi a mesma: un Arrabaldo que tiña a posesión sen profundidade e un Chantada buscando facer perigo con espacios, e así chegaría o 1-1, obra de Noé, que definiría ben ante o porteiro tras un bo servicio de López. Este gol deu ánimos os nosos, que fixeron o 2-1 por obra de Adrián e tiveron varias ocasións á contra para sentenciar, pero non o conseguiron e tiveron que sufrir ata o final, xa que os ourensáns tamén dispuxeron de algunha chegada perigosa.