O xuvenil B visita ó Velle o sábado á mañá
www.sdchantada.com/ 19-04-12

O xuvenil B afronta unha saída complicada ó campo do Velle este sábado á mañá. Os de Rodrigo, que chegan de líderes de grupo, buscarán un novo triunfo ante un rival que tamén se está a xogar o pase.

En caso de puntuar, os chantadinos estarían clasificados para o seguinte grupo, polo que os nosos sairán a por todas para non deixar os deberes para a última xornada.