Os cadetes visitan ó Calasancio B o sábado ás 12
www.sdchantada.com/ 19-04-12

Os cadetes xogan este sábado ás 12 da mañá a domicilio ante o Calasancio B, na penúltima xornada de liga. Os de Juan, sen opcións de clasificarse para a promoción de ascenso, tratarán de finalizar a liga o mellor clasificados posible. Agora mesmo son 8º, empatados co 7º, e avantaxan en tres puntos ós de monfortinos, polo que en caso de vencer darían un paso importante para intentar achegarse ós seus rivais máis cercanos.