O Chantada suma tres importantes puntos ante o Mugardos
www.sdchantada.com/ 03-02-14
O Chantada reatopouse coa victoria tras nove xornadas sen saboreala e sumou tres importantes puntos ante o Galicia Mugardos, un rival directo dos de Óscar pola permanencia, que chegou ó Sangoñedo dando a sensación de conformarse co empate.

Deste xeito os nosos tomaron a iniciativa do xogo xa desde o primeiro minuto cando un centro de Manuel se vai logo de que Kadete non chegara a cabecealo por centímetros. A pesar de non realizar un bo fútbol, o Chantada tivo a situación controlado no primeiro periodo, e incluso contou con outra ocasión de Anxo, nun disparo que se foi fora.

Tralo paso por vestiarios mellorou o xogo da escadra local, e a dobre entrada no terreo de xogo de Noé e Joserra, pois no minuto 63 un centro do primeiro é cabeceado polo segundo para que rexeite o meta rival, pero no segundo remate Joserra establece o 1-0 no marcador.

O Chantada adicouse a conservar o resultado, sen que os ferrolanos apretaran en busca do empate, a excepción dun disparo que se foi por pouco. A sentencia chegaría no minuto 90, cando Adri aproveitaba un servicio de Cañón para bater ó meta rival no man a man e deixar tres importantes puntos no Sangoñedo.