O Chantada B planta cara ó líder pero cae por 3-1
www.sdchantada.com/ 03-02-14
O Chantada B caeu por 3-1 ante o Becerreá nun encontro no que os de Juan competiron ben e deron a cara, pero caeron ante un líder que amosou o por qué do seu primeiro posto.

O encontro comezou con dominio local, con chegadas á área chantadina pero sen ocasións claras. Nun erro local Tara quedouse só ante o meta rival, pero o seu regate foise demasiado longo e non chegou a tirar. Golpearía entón o Becerreá no minuto 32, adiantándose no marcador logo dun tiro tras un bo pase entre liñas.

Reaccionou ben o Chantada B, que igualaba só dous minutos despois, logo de que Pablo transformara unha pena máxima cometida sobre Fabio. Pero pouco duraría a alegría dos nosos, xa que no 37´chegaba o 2-1, chegándose así ó descanso.

Tralo paso por vestiarios saíron ben os de Juan, e un disparo de Fabio marchouse rozando o pao. Posteriormente o tiro de Pablito salvaríao o meta rival, enviando o balón a córner. E precisamente na contra dese córner, no minuto 53, chegaba o 3-1, que poñía terra de por medio.

A partir de aquí ningún equipo baixou o ritmo, os locais en busca de ampliar a vantaxe e os chantadinos de recurtar distancias, pero ningún conxunto atinaría ante a meta rival e o marcador xa non se movería.