O xuvenil cae nun partido no que o penalizaron os seus erros
www.sdchantada.com/ 03-02-14
O xuvenil caeu por 3-1 ante o Arenteiro nun encontro con alternativas para ambos conxuntos, no que os de Dani nunca foron por diante no marcador e no que os erros defensivos dos chantadinos os condenaron á derrota nun encontro que os nosos afrontaban con bastantes baixas.

O encontro comezou cun ritmo frenético, pois no primeiro minuto xa se adiantaban os locais, pero antes do minuto 2 Dani xa establecía a igualada no marcador: volta a empezar. A primeira metade estivo igualada, pero un gol psicolóxico, ó filo do descanso, dáballe vantaxe ós do Carballiño.

Tralo paso por vestiarios os locais ampliaron a vantaxe, pero os nosos reaccionaron ben e recurtaron distancias por medio de Michi. Volveron a golpear os locais cando transcorría o minuto 82 e parecían pechar o encontro co 4-2, pero só un minuto despois un maxistral tiro de Michi poñía o 4-3 no marcador e levaba a incertidume.

A partir de aquí os chantadinos volcáronse ata o final en busca do empate, pero non o conseguiron e xa na última xogada nunha contra chegaría o definitivo 5-3.