O cadete acada un traballado triunfo ante o Velle por 1-0
www.sdchantada.com/ 03-02-14
O cadete acadou un sufrido e traballado triunfo ante o Velle gracias a un solitario tanto de Mirás na primeira metade, que serviu para derrotar a un cadro ourensán que deixou unha gran imaxe no Sangoñedo.

O encontro comezou igualado, e a primeira ocasión clara sería visitante, nun disparo que se foi alto. Respondería ben o Chantada, pero Mirás errou no man a man, que o porteiro desviou. Non fallaría na segunda o atacante chantadino, e no minuto 37 establecería o 1-0 no marcador tras definir ben ante o zagueiro do Velle, chegándose así ó descanso.

Tralo paso por vestiarios mellorou lixeiramente o Chantada, pero non conseguiu ampliar vantaxe, e no último tramo de encontro os que apretaron foron os visitantes, que tiveron unha clara ocasión nun erro defensivo dos nosos no que Sergio chega inextremis para salvar o remate rival.

De aquí ó final os nosos puideron sentenciar cun par de ocasións de Roberto, unha que salvou o meta rival e outra que se foi rozando o pao, pero non o fixeron e tiveron que traballar e sufrir ata o final para sumar tres importantes puntos.