O Chantada visita a un dos fortes da liga, o Silva, o domingo
www.sdchantada.com/ 06-02-14
O Silva, 6º con 37 puntos, recibe o domingo en horario inusual (12 da mañá) ó Chantada, 14º con 27 puntos. A pesar de que os coruñeses non se atopan no seu mellor momento de forma, contan cun dos planteis máis potentes da categoría, sendo un dos favoritos ó ascenso, aínda que a mala xeira está a facer que se afasten pouco a pouco das primeiras posicións.

Coñecedor do potencial do seu rival, o Chantada sabe que deberá facer un bo partido se quere sumar algo positivo, e deste xeito continuar coa súa recuperación, logo de vencer a semana pasada e encadear dúas saídas consecutivas puntuando.