Importante encontro para o Chantada B no Sangoñedo
www.sdchantada.com/ 06-02-14
O Chantada B, 9º con 24 puntos, recibe este sábado ás 6 da tarde no Sangoñedo ó Portomarín, 11º con 23, nun encontro que se antoxa moi importante para os de Juan, pois mídense a un rival que, como eles, se atopa na zona media-baixa da táboa clasificatoria e que pelexará cos nosos pola permanencia.

Os nosos venceron na ida por 1-2 nun encontro moi igualado, e enfronte terán a un rival complicado, que desde o cambio de adestrador sumou 4 de 6 puntos en xogo.

Pola súa banda, os chantadinos tratarán de facer valer o factor campo e amosarse fortes como locais para seguir sumando e non caer na zona perigosa.