O xuvenil afronta unha importante proba ante o Bouzas B
www.sdchantada.com/ 06-02-14
O xuvenil, 14º con 24 puntos, recibe o sábado ás 4 da tarde no Sangoñedo ó Rápido de Bouzas B, 12º con 25. Será un partido moi importante para os de Dani, que se medirán a un rival directo pola permanencia.

Os chantadinos, que acumulan dúas derrotas consecutivas, tratarán de volver á senda do triunfo ante un cadro vigués que chega forte logo de sumar os seis últimos puntos en xogo.

Na ida os de Vigo venceron por 3-1, pero neste caso os nosos tratarán de vencer e sumar tres importantes puntos na loita por unha permanencia que se venderá cara esta tempada.