O cadete afronta un difícil choque ante o Calasancio B
www.sdchantada.com/ 06-02-14
O cadete recibe este sábado ás 10:15 da mañá ó Calasancio B na oitava xornada de liga. Os de Juan son líderes con 18 puntos, mentres que os monfortinos ocupan a quinta praza con 10, polo que é un partido importante para os nosos para aumentar, ou cando menos manter, a distancia co quinto posto.

Os nosos, que veñen de vencer ó Velle nun apretado encontro, repetirán como locais para medirse nun complicado partido a un cadro monfortino ó que xa venceron na primeira liguilla por 1-2, nun partido moi sufrido e traballado, polo que xa coñecen o potencial do seu rival desta fin de semana, polo que se agarda un igualado e emocionante partido.