O Chantada precisa vencer ó Soneira este domingo ás 5
www.sdchantada.com/ 13-02-14
O Chantada recibe este domingo ás 5 da tarde ó Soneira, último clasificado con 15 puntos, doce menos que os chantadinos, que son 14º. Trala derrota sufrida na saída a Silva, os nosos precisan sumar os tres puntos en xogo para seguir a escapar da zona baixa da táboa e achegarse á media, onde hai moita igualdade.

Neste tramo tan importante da tempada, os de Óscar precisan contar co apoio da afición para facer un fortín do Sangoñedo e non permitir que se escapen importantes puntos.