Importante desprazamento para o Chantada B a Castroverde
www.sdchantada.com/ 13-02-14
O Chantada B mídese a domicilio este domingo ás 4:15 da tarde ó Castroverde, que suma 28 puntos, un máis que os de Juan e que ocupa a 8ª praza do campionato, un posto por encima dos nosos. No encontro de ida o partido foi moi aberto e rematou con empate a catro tantos.

Os chantadinos acumulan catro saídas consecutivas sen puntuar, e tratarán de romper esta mala dinámica a domicilio, xa que deben sumar para non permitir que se acheguen os equipos da zona baixa da táboa clasificatoria.