O xuvenil visita este sábado ás 4 a un rival directo
www.sdchantada.com/ 13-02-14
O xuvenil, 13º con 27 puntos, afronta unha saída moi importante e complicada este sábado ás 4 da tarde ó Gondomar, 17º clasificado con 24 puntos. Tendo en conta que no encontro de ida o resultado foi de 0-0, antóxase como un encontro moi importante para os de Dani que tratarán de impedir que o seu rival os iguale na clasificación.

O escaso bagaxe a domicilio esta tempada está condenando ós nosos, que esperan romper esta dinámica e conseguir tres puntos que serían moi importantes a nivel clasificatorio.